Sunday 08 de September de 2024

María Nieves Liñares recibiu a felicitación do alcalde polo seu 100 aniversario


No Concello hai cinco persoas que superan o século de vida, todas elas mulleres.

O pasado sábado (20 de xullo) a señora María Nieves Liñares Don cumpriu os 100 anos de idade. Natural de Cerceda, reside desde hai case unha década en Cendón, na larachesa parroquia de Erboedo, xunto á súa filla Aurelia e o seu xenro Antonio.

A familia celebrou esa data tamén coa presenza da única neta de María Nieves -María Jesús- o marido desta -Tonio- e os dous bisnetos -Martín e Rubén-.

O alcalde, José Manuel López Varela, e os edís Rocío López e Juan Carlos Amado, tamén felicitaron a María Nieves, agasallándoa cunha placa conmemorativa e un ramo de flores en representación do Concello.

No termo municipal da Laracha están empadroadas cinco persoas con máis dun século de vida, todas elas mulleres.